"Defying Gravity": Queer Conventions in the Musical Wicked
Stacy Ellen Wolf en
Theatre Journal (60) 1, March 2008 (1-21).
http://muse.jhu.edu/journals/tj/summary/v060/60.1wolf.html
A análise de Wolf alude dalgún xeito ao que debatimos na nosa anterior xuntanza: o lesbian continuum e o xeito no que as relación entre mulleres poden desestabilizar o patriarcado heteronormativo. O artigo ofrece unha extensa lectura das cancións e dos puntos da trama que aluden aos lazos afectivos establecidos entre as dúas protagonistas e de como estas trastocan as expectativas do público ao colocar a amizade entre as mulleres onde habitualmente tería lugar a historia de amor heterosexual. Así, Wolf suxire que, mentres as mulleres non están involucradas nunha relación romántica, a historia é un exemplo de amor queer.
Aquelas de nós mais familiarizadas co musical e co libro no que se basea, atopamos que o texto de Wolf non abarcaba algúns puntos relevantes da obra. Mentres o artigo ofrece unha lectura clara das dúas mulleres, descuida o contexto político de cada unha das heroínas e obvia o modo no que as dúas mulleres representan estereotipos xeneralizados de comportamento femenino.

"Wicked´s
distinction […] is in how it uses a very traditional theatre formula, but
infuses the formula with newly gendered and queered content and relationships
that are in large responsible fot its enormous theatrical and financial
success".
"Wicked
celebrates the unarguable values of 'freedom' and 'independence'. […] Moreover,
because the brave individualist is female, Wicked´s
main characters converse with contemporary lexicon of “girl power” images".
Na última xuntanza do
Feminario, discutimos o artigo de Stacey Ellen Wolf acerca do feito de que a
parexa heteronormativa é substituida por unha parexa queer no musical Wicked. A través da súa análise da forma
na que as convencións do amor romántico teñen funcionado históricamente neste
xénero, Wolf establece a predominación da historia de amor heteronormativo como
eixo central do teatro musical. Wicked,
pola contra, substitue a historia de amor romántico por unha historia de
amizade entre mulleres, e así ofrece unha versión queer con respeto á norma.
A análise de Wolf alude dalgún xeito ao que debatimos na nosa anterior xuntanza: o lesbian continuum e o xeito no que as relación entre mulleres poden desestabilizar o patriarcado heteronormativo. O artigo ofrece unha extensa lectura das cancións e dos puntos da trama que aluden aos lazos afectivos establecidos entre as dúas protagonistas e de como estas trastocan as expectativas do público ao colocar a amizade entre as mulleres onde habitualmente tería lugar a historia de amor heterosexual. Así, Wolf suxire que, mentres as mulleres non están involucradas nunha relación romántica, a historia é un exemplo de amor queer.
Aquelas de nós mais familiarizadas co musical e co libro no que se basea, atopamos que o texto de Wolf non abarcaba algúns puntos relevantes da obra. Mentres o artigo ofrece unha lectura clara das dúas mulleres, descuida o contexto político de cada unha das heroínas e obvia o modo no que as dúas mulleres representan estereotipos xeneralizados de comportamento femenino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario